Eixes de debate

 

O Encontro e os debates articularanse ao redor de tres eixos O que expoñen este tres eixos é: preguntarnos que queremos facer nos próximos anos e até onde queremos chegar (eixo 1), como nos habemos de organizarnos interna e orgánicamente para poder levalo a cabo (eixo 2), e que ferramentas financeiras necesitamos deseñar con tal de estar capacitados de aplicalo e facelo realidade (eixo 3).

Brevemente, o tres eixos engloban os seguintes aspectos:

Eixo 1: Promoción da economía social e solidaria a nivel local

Discutiremos sobre que entendemos para desenvolver a economía a nivel local, cal ten que ser o noso papel e que ámbitos habemos de alcanzar. Temos que expornos abrir ao financiamento a novos modelos de negocio que agora quedan excluídos do ámbito de actuación de Coop57? Debemos incidir en novos ámbitos? Temos que ser o motor deste modelo de desenvolvemento? Este eixo pretende, ademais de continuar facendo o que xa vimos facendo desde hai anos, definir que novos ámbitos de actuación debe abrir Coop57. Ler máis sobre o eixe 1 

Eixo 2: Crecemento, organización en rede e participación

O rápido crecemento de Coop57, a súa complexidade societaria, organizativa e operativa, o crecemento en rede, o desenvolvemento de grupos locais, territoriais e sectoriais e a necesidade de harmonizar os ritmos e as necesidades concretas dos nodos locais cos obxectivos globais de Coop57. Este son algúns dos grandes retos organizativos que nos podemos expor. Tamén debateremos sobre como incentivar a participación das entidades e persoas socias para facer fronte ao rápido crecemento que estamos a experimentar os últimos anos. Este eixo recolle todos os retos organizativos, participativos e de capilaridad social de Coop57. Ler máis sobre o eixe2 

Eixo 3: Finanzas polo desenvolvemento da economía social e solidaria a nivel local

Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros e, como tal, ten que poder ofrecer solucións financeiras ás entidades socias e aos seus proxectos. Facer todo aquilo que estea ao noso alcance para poder ofrecer solucións adecuadas que contribúan ao éxito das persoas e entidades socias. Este eixo estudará que novas ferramentas financeiras ten que crear e articular Coop57 para dar resposta en todos os retos expostos nos outros eixos e desenvolver unha actividade financeira útil para a construción dunha economía diferente. E todo isto, garantindo a sustentabilidade a medio e longo prazo de Coop57. Ler máis sobre o eixe 3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>